Información

Como utilizar esta Sede?

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) puxo en marcha a Sede Electrónica en internet para atender o dereito da cidadanía de interactuar coa Administración por medios electrónicos, tal como establece a Lei 39/2015 de outubro, o Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no seu artigo 13.

A Sede Electrónica permite achegar a Administración á cidadanía desde calquera lugar con conexión a Internet, para realizar os mesmos trámites que antes se facían de forma presencial, evitando desprazamentos e tempos de espera.

Tes que ter en conta que a recepción en días  inhábiles entenderase para os efectos do cómputo de prazo fixado en días hábiles ou naturais, e no que se refire a cumprimento de prazos polas persoas interesadas, a presentación nun día inhábil entenderase realizada na primeira hora do primeiro día hábil seguinte, salvo que unha norma permita expresamente a recepción en día inhábil.

Seguridade da Sede Electrónica

Desde a túa chegada á Sede Electrónica do SEPE estás a navegar nunha conexión segura na que toda a información entre a Sede e ti viaxa "encriptada ou cifrada". Ademais, o acceso mediante certificados electrónicos garante a identidade da persoa e protexe o tráfico de datos.

Que necesito para usar a Sede Electrónica?

Para acceder á maioría de servizos da Sede Electrónica, requírese o uso de Cl@ve permanente (www.clave.gob.es) ou un Certifícado Dixital proporcionado por unha entidade recoñecida, ou DNI electrónico.

Se o trámite require operacións de firma con Certificado Dixital ou DNI Electrónico será necesario utilizar a Aplicación AutoFirma (https://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html).

Se xa posúes certificado electrónico pero tes dúbidas podes consultar a relación de sistemas de autenticación e firma electrónica admitidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.

Se, pola contra, non tes aínda un certificado electrónico ou comprobaches que o que tes non é admitido pola Sede Electrónica do SEPE, consulta a axuda sobre firma e certificados electrónicos para xestionar un.

Requisitos técnicos

Os requirimentos técnicos para poder utilizar os servizos que se prestan a través da nosa Sede Electrónica (https://sede.sepe.gob.es) son:

  • Sistema Operativo: Windows 10
  • Navegadores soportados: Google Chrome actualizado.
  • Visualizador de archivos: Adobe Acrobat Reader
  • Versión de Java: Java 7 update 79 CPU
  • Aplicación de firma: Autofirm@

Que podo facer na Sede Electrónica?

Desde a Sede Electrónica do SEPE podes acceder a unha listaxe de procedementos administrativos que che permitirán:

  • Realiza o procedemento completo en liña e descarga e cumprimenta formularios a través do rexistro electrónico.
  • Solicitar e consultar datos en liña e realizar simulacións.
  • Cumprimentar en liña e imprimir formularios para a súa posterior entrega nas oficinas do SEPE.