Empresas

Solicitude Telemática (Contrat@)

En que consiste?

A través desta aplicación o representante da empresa, debidamente identificado coas súas credenciais Cl@ve mediante Certificado Dixital, DNI electrónico ou Usuario/Contrasinal, pode efectuar solicitudes para la aplicación Contrat@ de forma telemática (sen necesidade de acudir para a súa xestión no Servizo Público de Emprego). A través dela pode efectuarse tanto a solicitude inicial de autorización de uso administrativo da aplicación, como as posteriores solicitudes de cambio de clave que puidesen ser necesarias.

A aplicación facilita unha utilidade para achegar a documentación necesaria para a súa aprobación por parte dos Servizos Públicos de Emprego, así como unha opción para efectuar un seguimento do estado da solicitude.

Que se necesita para acceder?

A utilización deste servizo require dispoñer de credenciais en Cl@ve Permanente.