Empresas

Acreditación en Teleformación

Este é o punto de acceso para tramitar, de forma electrónica, a solicitude de acreditación de centros de formación para impartir, en modalidade de teleformación, formación de certificados de profesionalidade no marco da formación profesional para o emprego.

  • Solicitude de acreditación. Cubra a solicitude e preséntea de forma telemática no Rexistro electrónico do Servizo Público de Emprego Estatal.
  • Consulta das solicitudes presentadas. Consulte en liña o estado en que se encontra a solicitude tramitada ante o Rexistro electrónico do Servizo Público de Emprego Estatal.

 

Para realizar a solicitude, acceda á aplicación e identifíquese mediante un certificado dixital en vigor proporcionado por unha autoridade recoñecida. Non se identifique ata que así se lle pida.

Encha cada un dos apartados desta solicitude da forma máis completa e exacta posible. Cada apartado componse dunha pantalla. O paso dunha pantalla a outra almacenará a información introducida. Desta forma, pódese interromper o enchido e retomalo noutro momento, conservando en borrador os datos xa achegados. Cando remate de cubrir, asínea e tramítea de xeito electrónico. Unha vez que a solicitude foi enviada non é posible modificar a información consignada nesta. Se o desexa, pode gardar unha copia ou imprimila pulsando nas opcións correspondentes.

Debe acreditar a información que faga constar na solicitude con documentos probatorios do seu contido. Cada un destes documentos xustificativos ten que estar dixitalizado e incluído en arquivos por tipo de documentación:

Entidade xurídica titular e persoa asinante da solicitude:

  • Tarxeta de identificación fiscal
  • Escritura de apoderamento

Centro(s) de formación onde se realizarán as sesións presenciais (titorías e avaliación final):

  • Documento de propiedade (escrituras) ou de lexitimación de uso do Centro (cesión, contrato de alugamento de instalacións, convenio, outros)

Certificado(s) de profesionalidade que se va(n) impartir en modalidade de teleformación:

  • Proxecto formativo
  • Guía do alumno
  • Guía do titor-formador

No trámite de acreditación requiriráselle ter dispoñible o servizo web de seguimento de accións formativas, que debe identificar mediante un enderezo de Internet (URL). O Servizo Público de Emprego Estatal utilizará este servizo para levar a cabo o control da formación impartida en cada plataforma de teleformación, que ten que dispoñer da súa propia URL de seguimento das accións formativas que nela se impartan e á que se asignará, se se estima a solicitude presentada, un código de centro distintivo. Pode encontrar información para o desenvolvemento deste servizo de seguimento en www.sepe.es

Non serán admitidas as solicitudes que se presenten sen estar acompañadas de toda esta documentación. Nos casos nos que se permite a substitución da presentación de determinados documentos xustificativos por unha declaración responsable do solicitante, deberá rexistrase ante o Servizo Público de Emprego Estatal a documentación que acredite a realidade dos datos contidos na citada declaración cando esta sexa requirida.

Se a solicitude presentada non reunise os requisitos esixidos, notificarase ao enderezo habilitado para tal fin para que, no prazo máximo de dez días, o centro emende as faltas ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixese, teráselle por desistido da súa petición, segundo o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.