Este é o punto de acceso para que as entidades de formación acreditadas cumpran de forma electrónica e presenten a través do rexistro electrónico do Servizo Público de Emprego Estatal calquera destes trámites:
- A solicitude de autorización para impartir, na modalidade de teleformación, unha acción formativa de certificado de profesionalidade con financiamento privado.
- A comunicación de inicio das accións formativas de certificados de profesionalidade xa autorizadas.
Se despois de obter autorización para impartir mediante teleformación unha acción formativa de certificado de profesionalidade, cambiasen as condicións referentes aos titores-formadores que as imparten ou ao módulo de formación práctica en centros de traballo, este tamén é o punto de acceso para solicitar, de entre as seguintes, a autorización complementaria que se precise para o desenvolvemento desa acción formativa xa autorizada:
- A solicitude de autorización de simultaneidade do módulo de formación práctica en centros de traballo.
- A solicitude de autorización de ampliación do prazo de inicio do módulo de formación práctica en centros de traballo.
- A solicitude de autorización de equivalencia de experiencia profesional a experiencia docente.
- A solicitude de autorización de ampliación do número máximo de titores-formadores.
Aquí tamén pode consultar en liña o estado en que se encontra cada un destes trámites.
Para cubrir cada solicitude de autorización ou a comunicación de inicio, acceda á aplicación que corresponda a través da ligazón que se sitúa ao final desta páxina e, despois, identifíquese mediante o seu certificado dixital persoal, o seu DNIe ou a súa credencial Cl@ve. Non se identifique ata que así se lle pida.
Encha cada un dos apartados do trámite elixido, da forma máis completa e exacta posible. Cada apartado componse dunha pantalla. O paso dunha pantalla a outra almacena a información introducida. Desta forma, pódese interromper o enchido e retomalo noutro momento, conservando en borrador os datos xa achegados.
Cando se lle pida acreditar a información que fixo constar nunha solicitude ou na comunicación de inicio, debe dixitalizar e achegar o documento xustificativo que se lle indique.
Non serán admitidas as solicitudes ou a comunicación de inicio que se presenten sen estar acompañadas da documentación probatoria que en cada caso sexa demandada. Cando se permita substituír a presentación do documento xustificativo por una declaración responsable do solicitante, deberá rexistrase ante o Servizo Público de Emprego Estatal a documentación que acredite a realidade dos datos contidos nela cando esta sexa requirida.
Para realizar a comunicación de inicio, será necesario utilizar o servizo web de seguimento implementado pola entidade de formación acreditada, que será invocado polos sistemas do Servizo Público de Emprego Estatal para validar que a información relativa á acción formativa cuxo inicio se pretende comunicar se axusta á que se autorizou a través da solicitude correspondente e é coherente respecto do modelo de seguimento especificado no anexo II da Resolución do 26 de maio de 2014, do Servizo Público de Emprego Estatal (dispoñible tamén nos documentos Modelo de datos para o seguimento de accións formativas impartidas en modalidade de teleformación e Definición do servizo web de seguimento de accións formativas impartidas en modalidade de teleformación (WSDL), publicados na súa páxina web).
A información que debe consignarse na comunicación de inicio cóbrese, practicamente na súa totalidade, de xeito automatizado. É dicir, non é necesaria a súa inserción manual, senón que se extrae do servizo web da entidade de formación acreditada que, consecuentemente, debeu rexistrala previamente neste, e se completa achegando a documentación xustificativa do seu contido.
Cando acabe de cubrir as solicitudes ou a comunicación de inicio, asíneas e tramíteas de xeito electrónico. Unha vez enviadas, non é posible modificar a información consignada nestas. Se o desexa, pode gardar unha copia ou imprimila pulsando nas opcións correspondentes.
Se as solicitudes de autorización presentadas non reunisen os requisitos esixidos, notificarase á dirección habilitada para tal fin para que, no prazo máximo de dez días, o solicitante emende as faltas ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixese, se lle terá por desistido da súa petición, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Unha vez presentada a través do rexistro electrónico do Servizo Público de Emprego Estatal, a comunicación de inicio marca o comezo das actuacións de seguimento da formación reguladas na Lei 30/2015, do 9 de setembro e no artigo 18 do Real Decreto 34/2008, do 18 de xaneiro.
- Acceso á aplicación de solicitude de autorización de accións formativas dirixidas á obtención de certificados de profesionalidade (modalidade de teleformación)
- Acceso á aplicación de comunicación de inicio de accións formativas dirixidas á obtención de certificados de profesionalidade (modalidade de teleformación)
- Acceso á aplicación de solicitude de autorización de equivalencia de experiencia profesional a experiencia docente
- Acceso á aplicación de solicitude de autorización de simultaneidade do módulo de formación práctica en centros de traballo (modalidade de teleformación) Registro electrónico
- Acceso á aplicación de solicitude de autorización de ampliación do prazo de inicio do módulo de formación práctica en centros de traballo (modalidade de teleformación) Registro electrónico
- Acceso á aplicación de solicitude de autorización de ampliación do número máximo de titores-formadores (modalidade de teleformación) Registro electrónico
- Consulta das solicitudes de autorización e comunicacións de inicio de accións formativas presentadas Registro electrónico