ATENCIÓN: Por cuestións de mantemento nos sistemas informáticos que dan soporte a este portal, producirase un corte da conexión desde as 08 : 00 h. ata 12 as : 00 h. do sábado 17 de xuño de 2023 .
Envío telemático de altas de traballadores afectadas por Es
Este servizo permite o envío a través de Internet, por parte das empresas, das altas de traballadores afectadas por Expedientes de Regulación de Emprego de extinción, suspensión ou redución da relación laboral.
En todo caso as empresas poden comunicar ás persoas traballadoras que vaian finalizar a súa relación laboral, que no teléfono do Servizo Público de Emprego Estatal poden obter información sobre un posible dereito a prestacións e sobre a documentación a achegar, axilizándose desta forma a súa tramitación
En que consiste?
Consiste en ofrecer a posibilidade de comunicar ao Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE) a calquera empresa que tivese acceso a Internet, as altas iniciais en prestación de todas aquelas persoas traballadoras afectadas por unha extinción, suspensión ou redución da xornada ordinaria de traballo consecuencia dun Expediente de Regulación de Emprego.
Esta comunicación pódese efectuar utilizando a aplicación da tecnoloxía XML, mediante o tratamento de ficheiros en formato XML cuxa xestión de envío é manual. Require a intervención dun usuario para, unha vez o ficheiro foi creado, proceder a seleccionalo e envialo ao SPEE.
Para la generación de este fichero XML, existe un asistente dentro de la aplicación Certific@ 2 .
Como funciona o servizo?
Para utilizar a aplicación Certific@ 2 , as persoas usuarias deben dispor de autorización para a transmisión telemática de datos aos Servizos Públicos de Emprego, obtida previamente conforme o definido na aplicación Contrat@, ou de firma electrónica expedida por algunha das autoridades de certificación.
Para os ficheiros XML enviados a través do acceso á aplicación Certific@ 2 , realízanse dous niveis de control:
- Control de formato. Realízase en tempo real, no mesmo momento no que se envía o ficheiro. En caso de detectarse erro, especifícase este e o ficheiro non é enviado para o seu procesamento no SEPE. En caso contrario o ficheiro envíase ao SEPE para o seu procesamento.
- Resto de controis. Realízanse cando o ficheiro foi enviado ao SEPE. Como resultado deste segundo nivel de control, procederase a enviar un correo electrónico informando o resultado definitivo do proceso: procesado correctamente ou rexeitado, nese caso achegaranse os erros detectados.
Ademais, en cada envío pódense anexar ata 10 ficheiros XML.
A comunicación de altas de prestacións por Expediente de Regulación de Emprego pódese realizar durante as 24 horas do día, todos os días do ano, tendo a autorización previa do traballador.
Cales son os beneficios?
Con esta aplicación que o Servizo Público de Emprego Estatal pon a disposición das empresas, preténdese a simplificación dos trámites para o recoñecemento e a redución dos prazos dos Expedientes de Regulación de Emprego.
Documentación relacionada
Título do documento |
Tamaño |
Data |
---|---|---|
1 . 53 Mb |
novembro 2015 |
|
|
1.36 Mb |
marzo 2022 |
152 Kb |
decembro 2017 |