Persoas

Obtención de Certificados

A través deste servizo vostede pode solicitar os seguintes tipos de certificados

  • De situación: certifica a situación de ser ou non beneficiario de prestacións por desemprego na data do seu pedimento.
  • De prestación actual: certifica o período e contía mensual da prestación que se recibe na data de pedimento.
  • De importes por período: certifica as cantidades aboadas como prestacións por desemprego durante o período de tempo que se indique.
  • De importes anuais: certifica as cantidades aboadas durante un ano como prestacións por desemprego.
  • De IRPF de exercicios anteriores.
  • Certificado de importes pendentes certifica os días e importe pendentes de percibir por un beneficiario dunha prestación de desemprego.
  • De situación. Empregadas do Fogar: certifica a situación de ser ou non beneficiaria de prestacións por desemprego no réxime de Empregadas do Fogar na data do seu pedimento.

Para acceder a este servizo é necesario identificarse con certificado dixital, DNI electrónico, usuario e contrasinal obtido a través do  sistema Cl@ve ou pin ao teléfono móbil.

Para máis información sobre o #este trámite pode consultar a guía de uso.

FEDER